Facultade de Fisioterapia

Queremos SaudArte dende o Green Campus

A Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo, convoca un certame de Arte Postal co Green Campus como fío condutor.

Convidamos a todas as persoas que o desexen (de calquera idade e parte do mundo) a participar nesta convocatoria, enviando obras, de xeito individual ou colectivo, a través do Correo Postal. Nesta páxina iranse poñendo todos os datos a medida que vaian chegando, poderán verse as obras enviadas (haberá unha exposición virtual), o listado de participantes, e poderase responder a un brevísimo cuestionario sobre ambiente (de xeito totalmente anónimo).


Coas obras recibidas farase unha exposición na Biblioteca do Campus de Pontevedra, a finais de curso, e editarase un catálogo en formato electrónico sobre esta convocatoria.


Queremos SaudArte dende o Green Campus

Últimas Noticias

Buscar