Facultade de Fisioterapia

Arte postal

A arte Postal é un movemento planetario de intercambio e, sobre todo, de comunicación, a través do Correo.

Os seus antecedentes atopámolos no primeiro cuarto do século XX (1928), e a súa maior contribución á humanidade non é a de deseñar un estilo concreto, nin a produción de obras de arte, senón a creación dunha rede de comunicación e intercambio onde, de maneira aberta, as persoas, artistas ou non, pero sempre interesadas no tema do que se trata, reciben información, dan información e exprésanse libremente. É unha rede viva que reflicte os cambios producidos na sociedade; utilizada en ocasións como instrumento de concienciación, e que permite observar os diferentes camiños que toma a sociedade grazas á súa condición cambiante (unha da características da arte Postal é a súa adaptabilidade).

Queremos SaudArte dende o Green Campus