Facultade de Fisioterapia

Obxectivos

Con este certame se pretende:

  • Convidar ao persoal do Campus de Pontevedra, en particular, e a toda a xente, en xeral, a reflexionar sobre as accións que melloran o ambiente e a repercusión que iso ten sobre a nosa saúde e as nosas vidas.
  • Fomentar, ao redor do ambiente, unha actividade creativa e positiva, combinando arte, ciencia e sociedade, e establecendo un espazo aberto no que as persoas participantes xoguen un papel fundamental.
  • Integrar a Universidade nas actividades sociais de vangarda, para facer posible que se traballe sobre un tema non só co seu estudo (aspecto máis científico-técnico e obxectivo) senón tamén coa súa expresión máis íntima (aspecto máis subxectivo), e que este traballo sexa o máis participativo posible.
  • Abrir vías de colaboración entre os grupos de investigación da universidade e os seus proxectos, e os grupos sociais, habitualmente máis lonxe dos estamentos científicos e máis preto das persoas dunha poboación determinada.

Queremos SaudArte dende o Green Campus