Facultade de Fisioterapia

Temática

O ambiente, enfocándoo dende a nosa expresión máis íntima e subxectiva mediante a manifestación artística e/ou literaria.

No Green Campus, coma nas EcoEscolas, nos centros sanitarios, ou en centros de traballo, nas cidades..., existen temas ambientais específicos que centran a meta global do ambiente:

  • Optimización do consumo de auga e enerxía (fontes para beber auga, lámpadas de consumo baixo...).
  • Redución da xeración de residuos e mellora da recollida selectiva e da xestión da mesma (as tres R: reducir, reciclar, reutilizar; orgánicos, papeis, vidros, envases, tapóns, pilas...).
  • Mellora da mobilidade e a accesibilidade.
  • Biodiversidade, reforestación e adecuación de zonas verdes.
  • Compra verde, comercio xusto e consumo responsable (papeis, materiais de oficina, tintas e tóneres con menor pegada ecolóxica...).
  • Participación, sensibilización e voluntariado ambiental.
  • Política de sustentabilidade.

Ao redor de calquera destes temas en relación coa nosa responsabilidade no coidado do Ambiente, ou outros que se vos ocorran, podedes facer achegas a esta convocatoria de Arte Postal.